quarta-feira, novembro 02, 2011

Todas a Ponte Vedra

Este sábado 5 de novembro chega um evento esperadíssimo. Marful apresenta o seu Manual de sedución no Pazo de Congresos de Ponte Vedra às 21:00 horas.

E para que vaiades fazendo boca, aqui tedes algumas fotos do ensaio para este concerto com os Marful e Leandro Detell na bateria, Iván García na guitarra, e como sempre, Xacobe Martínez no contrabaixo.







Se queres estar segura de ter o teu lugar, compra já as entradas aqui.

3 comentários:

Amante disse...

Querida Ugía, eu son unha desas amantes das que fala "manual de sedución". Estaba no concerto. Él tamén. Cada un co seu aparato "oficial" e tentando non cruzarnos. Cando flaches do amor, pensamos que ías dirixirte a nós. Vertixe. Gustaríame tanto reproducir as frases que dixeches, non lembro máis que aquilo de "amor sen hipotecas", será polo pesado que é pagala. Grazas

Anónimo disse...

Prezada Amante, anónima. Eu só podo falar de mim. Era de quem tava falando. Do passado, presente e possivel futuro (quem sabe) da minha vida. Dos meus sonhos. Se che servem de algo, benvida seja a música.
Ugia Pedreira.

Anónimo disse...

Querida amante anónima. Muito obrigado polo teu comentário. Muito. Eu falava de mim. E de quem vou falar. Do que me aconteceu no passado, e no presente e quem sabe no futuro. Falava dos sonhos que tenho. De cómo gostaria viver, e quase que ás vezes vivo. Espero que o concerto te ajude e a nossa música mais. Para isso a fazemos. Grazas por vir. Ugia