E para que vaiades fazendo boca, aqui tedes algumas fotos do ensaio para este concerto com os Marful e Leandro Detell na bateria, Iván García na guitarra, e como sempre, Xacobe Martínez no contrabaixo.
Se queres estar segura de ter o teu lugar, compra já as entradas aqui.
Querida Ugía, eu son unha desas amantes das que fala "manual de sedución". Estaba no concerto. Él tamén. Cada un co seu aparato "oficial" e tentando non cruzarnos. Cando flaches do amor, pensamos que ías dirixirte a nós. Vertixe. Gustaríame tanto reproducir as frases que dixeches, non lembro máis que aquilo de "amor sen hipotecas", será polo pesado que é pagala. Grazas
ResponderEliminarPrezada Amante, anónima. Eu só podo falar de mim. Era de quem tava falando. Do passado, presente e possivel futuro (quem sabe) da minha vida. Dos meus sonhos. Se che servem de algo, benvida seja a música.
ResponderEliminarUgia Pedreira.
Querida amante anónima. Muito obrigado polo teu comentário. Muito. Eu falava de mim. E de quem vou falar. Do que me aconteceu no passado, e no presente e quem sabe no futuro. Falava dos sonhos que tenho. De cómo gostaria viver, e quase que ás vezes vivo. Espero que o concerto te ajude e a nossa música mais. Para isso a fazemos. Grazas por vir. Ugia
ResponderEliminar