sábado, junho 03, 2006

O prometido é devido

Hoje temos uma grande surpresa para todas vós. Em exclusiva para este clube de fans, podemos apresentar-vos a roupa que vai levar Ugia no concerto do 16 de Junho em Sons da diversidade.
A roupa é espectacular e a Ugia está mesmo bonita com ela, mais ainda, se for possível, do que é habitual. Aqui tedes uma foto por se nom acreditades:



E esta é a proposta que os desenhadores da roupa, de La Canalla, de Vigo, lhe enviárom a Ugia para explicar o desenho. Aproveitamos para agradecer-lhes a sua generosidade em oferecer-nos estas imagens e este texto para incluir na nossa página.

LA CANALLA para Ugia Pedreira

proposta


Para o plantexamento do teu vestiario partimos da idea de recrear a imaxe do traxe tradicional galego levándoo a estructuras e acabados contemporáneos.

Como prenda de referencia tiñamos a basquiña, que xa utilizache como imaxe emblemática. Retomamos este concepto mantendo a idea de movemento e presencia escénica que aporta esta peza, así como o carácter simbólico da mesma.

Deste xeito a nosa proposta céntrase en darlle á basquiña unha estética renovada empezando polos tecidos, denim e rede deportiva, como elemento de ruptura.

Buscamos a versatilidade para a posta en escéa e pensamos nunha prenda reversible coa que podas cambiar de imaxe simplemente dándolle a volta.

Unha das caras, a vaqueira, vai traballada con flocados que nos lembran á ornamentación tradicional e con aplicacións de outros tecidos e pespuntes buscando o movemento dentro do movemento da propia saia. Follas e puntadas mézclanse cos flocados creando unha paisaxe de esencia clásica e presencia contemporánea.

A outra posúe unha estética se cadra máis conceptual, retomando pequenos fragmentos dos textos das túas cancións estampados a mán, buscando unha presencia quizáis non perceptible para os outros do teu discurso non só na voz, tamén na roupa. Como lienzo onde plasmar estes textos un vermello intenso, apaixoado...o interior.

Para as dúas caras pensamos en tecidos contemporáneos polas súas connotacións de contraste coa faceta máis convencional dos bailes de salón, o vaqueiro e a rede de deporte completan ó seu percorrido ata a actualidade. Como acabado común, grandes lazos en contraste de cor que aportan frescura e movemento.

Por último, en canto á camiseta buscamos unha estructura de prenda sobre todo cómoda, pero que igualmente complete e potencie a forza escénica da basquiña. Veunos unha imaxe á cabeza, ti dando voltas, bailando cos brazos abertos mentras a música sóa no escenario; xa está, manga xaponesa e “leverelem” na espalda, dunha manga á outra, rodando tamén, liándose co espazo. No dianteiro, os motivos continúan a paisaxe da saia, esta vez estampados a mán, con aplicacións de outros tecidos como elemento común. Escollimos o punto de seda en negro para a camiseta polo contraste cos tecidos da basquiña, totalmente cotiás, aportando unha nota de elegancia.

La Canalla r/ Joaquin Loriga 17, 36203 Vigo_ 986 11 44 93_ 605 26 58 28 lacanallavigo@yahoo.es_www.lacanallavigo.com

2 comentários:

Luzinha disse...

Guapa!!
;-*

Anónimo disse...

Ugia estás guapisisisimaaaaaa!!.
Unha aperta e un beijo.

:)