segunda-feira, janeiro 26, 2009

Concertos em breve

Marful em Compostela!!

Depois de todo o tempo que nos figêrom esperar por um concerto na cidade de Compostela, por fim temos a oportunidade de voltá-los ver.

Será a quinta-feira 29 de Janeiro às 21:00 horas, na Arteria Noroeste (Rua Salvadas -ao lado do Parque de Galeras-).

E por se fora pouco, U-lo trio? apresenta o seu primeiro disco.

3 comentários:

Anónimo disse...

Son dúas novas fantásticas!! Mais teño unha dúbida... O concerto de Marful segundo leo neste post é as 21:00, mais no myspace/marfulmusica aparece como que é ás 20:00... Non me gustaría chegar tarde ;) Unha aperta e grazas por ternos sempre tan informad@s!!

Fam_namber_güam disse...

Patrieira, lamento nom poder ter-che respondido antes, mas o certo é que tivem problemas técnicos nos últimos dias.
Já viche que no myspace foi corregida a hora, pois estava mal, tu fia-te sempre desta página :-).
Espero que gostasses do concerto, eu nom pude assistir polo que qualquer comentário será bemvindo.

Patrieira disse...

Foi, como non podía ser doutro xeito, outro concerto fantástico! O público estivo moi cercano aos músicos (e falo incluso literalmente, pois algúns valentes atrevéronse a bailar un agarrado diante do escenario) e os temas novos tiveron moi boa aceptación (moi bonita esa Jota para Frank Sinatra!)... Só unha pega... ¡¡Non levei cámara de fotos!!