Esta vez é em La Opinión de A Corunha. Assina Óscar Losada um artigo com declaraçons da banda.
Ali, declaraçons como esta:
"O momento para editar a obra é bo", sinala Pedro Pascual, o acordeonista da formación, "e sobre todo porque fomos madurando a idea sen mutilar o entusiasmo polo repertorio, ao que lle fomos incorporando nalgunha peza algún arranxo diferente".
Ou comentários como este:
A banda mergúllase no seu repertorio na recreación de temas, con arranxos nados no maxín da banda, que eran interpretados nos anos 30 e 40 do século pasado nos salóns de baile que existían pola xeografía galega, onde pairaba unha presenza de sons que tiñan a súa orixe en América. "Esa é a nosa gran fonte de inspiración, aínda que temos tamén outras pequenas influenzas.A xente ía a bailar a eses salóns, que foron durante moitos anos da vida cotián en localidade galegas como unha banada sonora constante. Hoxe hai xente que non sabe do que falamos cando comentamos o que acontecía nos salóns de baile, os lugares onde os seua avós se divertían, pero que se descoñecen, xa que estamos máis volcados nas melodías tradicionais Os salóns de baile que existiron por Galicia adiante están xa abandonados, ou recicláronse para dar cabida a outros negocios. Estamos a falar dunha música esquecida e esa vía musical tan descoñecida ten cousas que están moi ben".
segunda-feira, maio 15, 2006
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário