segunda-feira, agosto 14, 2006

Confirmaçom dum êxito anunciado

(a foto é doaçom generosa da fam namber 12 e tirou-se no concerto de Serra de Outes)

Cumpriu-se o que nós já sabíamos e vimos anunciando desde há mais dum ano: o disco de Marful está sendo um autêntico e inquestionável êxito. Como informam na página oficial do grupo, já vam vendidas 2000 cópias e estám esperando a terceira ediçom.
Desde o clube de fans damos-lhe os parabéns mais emocionados e transmitimos-lhes os nossos desejos de mais e mais felicidade. Agora, apenas nos resta um desejo por cumprir: vê-los em directo por cada recanto do país e além dele.
Beijos grandes para Marful e marfulianas diversas!

2 comentários:

Anónimo disse...

boass¡¡ pois ben por un deses recunchos do país vinos eu o 14 , nun concerto na mariña con sabor mariñán.Como non era de estrañar encantoume o concerto aínda que despois de ter ido a presentación en compostela xa todo sabe a pouco.

Os meus parabens polo éxito de vendas aos marfuleiros e un bicaso dende Foz

Anónimo disse...

Encantoume Marful, encantaron todos os grupos tamén esa calidade e frescura dos Safaris. E ese featuring que fixestes con Maseda e Emilio, non houbo un son excelente pero o concerto foi moi bonito. Bicos