sábado, agosto 26, 2006
Esta vez: Ugia com Nordestinas
Mais uma vez nos dam uma alegria, nesta ocasiom Ugia com Guadi Galego e Abe Rábade. Vam gravar o seu primeiro disco em directo, no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Será o sábado 2 de Setembro e se queres desfrutá-las tens que pedir convite em info@abada.es.
Etiquetas:
nordestinas
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
para @s nordestin@s.
seica o mar veu de lonxe a inspirarvos, e ó oirvos cantar del decidiu quedar. é por iso que a xente puido subir ós barcos.
subiron e foron coller peixe. subiron e foron agarda-la posta. subiron e foron ver outra xente. foron emigrar. foron retornar. algúns foron morrer.
cando sinta morriña sentareime a escoitar dúas gorxas falar con dúas mans. que discutan, que berren ou rían. escoitarei.
cando non teñades nada que dicir as vosas voces seguirán atando oídos á gramola.
os oídos dalguén que come peixe. dalguén que agarda o caer do sol ó mar tódolos días. dalguén que vive por ver outra xente. que emigrou; que retornou. dalguén que algún día ha morrer.
moitas gracias por este disco.
Enviar um comentário