segunda-feira, outubro 04, 2010

A pergunta e as respostas



Respostas do público no concerto de lançamento do disco, Teatro Colón, A Corunha, 16 de setembro:

- Aquelo que perdes cada noite.

- O movemento, a intención, a mirada, a expresión. Eu son sedución

- Deixarse amar irremediabelmente, e despois botar mil ....bailes.

- É o abrigo das túas pestanas ao caeren.

- Desprezar o sono a fama e a sede.

- Guadi Galego.

- Mentir sen que te descubran.

- Sinónimo de Ugia. Singular femenino. Verba en revisión para despois do espectáculo de Marful no Colón. Para dúbidas urxentes preguntar aos mounstruos marfulianos. Desculpen as molestias.

- Un copo de bon viño galego no momento ideal.

- Quando tu moves os braços!

- Que a persoa que ti escolles se te achegue só coa tua mirada , e no tempo que ti desexes vaia a donte ti queiras, faga o que ti queiras e diga... o que ela queira.

- Non sei pero soa a algo porco non?

- Stength

- É unha cousa que dura o que dura "dura" e tamén a choupa feita por Yoly, os callos da miña nai, os percebes da Torre, o queixo de Arzúa, os pementos de Padrón, as ostras de Arcade, as ameixas de Carril, os berberechos de Noia, para bo viño Ribeiro e para empanadas Betanzos.
A sedución está nas boas comidas.

- É atraer a outras persoas cara a mim depois de despertar nelas a ilusión de que somos afíns ou , mellor ainda, de que eu son o seu ideal "de eu" (o alterego).

2 comentários:

Anónimo disse...

Seducioooooooooooonnnnnnnnnnn, pasapracasaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa!!!!!!!!!!

Anónimo disse...

a xente galega fervelle a cabeza!